A escala vestibular[1] ou rampla vestibular (scala vestibuli) é unha cavidade da cóclea, xunto coa escala timpánica contén perilinfa. Está separada da escala media pola membrana de Reissner. A helicotrema é o punto no que a escala vestibular conecta con escala timpánica.